Pérez Jácome ofrécese a Trump como interlocutor en Ourense

O líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, ofreceuse esta noite ao presidente dos Estados Unidos de América, Donald Trump, como interlocutor en Ourense, mensaxe que lle fixo chegar a través da rede social “Twitter”.

Segundo unha nota de prensa que o propio Jácome lle fixo chegar aos medios, o seu grupo pretende mater unha boa relación coa Administración Trump, “compartimos co señor Trump a maneira de entender a política, nin de esquerdas nin de dereitas, sentido común!”.

“Entendemos que ao mellor non nos contesten á mensaxe xa que agora están moi ocupados, pero sentimonos parte do glorioso proxecto de Trump para facer deste mundo un mundo mellor, Ourense Estado 51!” sentencia o comunicado.

Un lucense leva 37 anos movendo a muralla

Un home de Lugo de 61 anos que responde as iniciais F.R.N., foi denunciado onte pola tarde por un veciño da Rúa Castelao, no centro da cidade, que afirma que “leva polo menos 37 anos movendo a muralla”.

“Dende polo menos o 1990 leva movendo a muralla, pouco a pouco vai facendo a súa finca máis grande, xa gañou para unha piscina e un galpón para un tractoriño pequeno” afirmou José Ramón Castro que decidiu emprender accións legais contra o seu veciño ante a negativa deste a deixar a muralla no seu sitio. “Lévollo dicindo moito tempo, pero nada, cada ano é peor, xa levará uns 5 metros que me comeu para este lado”, sentención José Ramón.

Aínda que intentamos falar co denunciado, este non quixo facer ningún tipo de valoración sobre o acontecido e limitouse a negar as acusacións.

Que pasou hoxe en Chantada?

Nunha casa do concello lucense de Chantada todos seguen evitando comer os polvoróns de limón e seguen na mesma posición na que forón postos o 24 de novembro do pasado ano.

Feijóo ficha por Netflix

Segundo puido saber As Nonticias, a famosa operadora norteamericana está traballando nunha serie sobre sobre o narcotráfico galego e para documentarse fichou ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo.

Pouco trascendeu da noticia da que moitos medios se fixeron eco dende o momento no que dende As Nonticias demos a exclusiva, porén, dende fontes próximas ao presidente dos Peares, este asesorará ao equipo encargado da redacción do guión e non se espera que faga ningún cameo na serie que presuntamente se estreará a finais do vindeiro verán.

Logo do éxito mundial colleitado pola compañía coa serie “Narcos” baseada na vida do narcotraficante colombiano Pablo Emilio Escobar Gaviria, dende a operadora puxeron a súa mirada en Galicia co fin de seguir traballando con este tipo de contidos.

Neste sentido, un dos primeiros nomes que apareceu sobre a mesa para axudar aos guinistas de Netflix na elaboración da serie sería o do actual presidente do executivo galego.

Teo vai a Teo

Teo, referente da literatura infantil, pasou a ponte da Constitución na localidade coruñesa de Teo segundo fontes próximas ao famoso protagonista de obras como “Teo vai en tren”, “Teo vai en barco” ou “Teo vai en avión”.

Segundo estas mesmas fontes, Teo chegou a Galiza o venres pola noite acompañado da súa familia para pasar uns días de descanso na nosa comunidade antes de volver para Barcelona onde está traballando no que será o vindeiro libro da colección que protagoniza e que se publicará o vindeiro ano.

 

Ana Pontón gardaba un plátano do 2003

A candidata do Bloque Nacionalista Galego á presidencia da Xunta de Galiza atopou está mañá na súa bolsa de viaxe un plátano que gardaba dende o 7 de abril do ano 2003, año no que fora a un acto a Burela e levará algo para comer no camiño segundo apuntou a propia Pontón ao ser preguntada polos medios.

O achádego produciuse pouco despois de que varios empregados do Parlamento se viran na obriga de chamar á Garda Civil para informar de que un forte cheiro se desprendía da bolsa da líder nacionalista. Unha vez alertados polo mal cheiro, axentes da benemérita desprazáronse nunha patrulla até o lugar no quede atopaba Pontón.

Unha vez alí os axentes comprobaron que o mal cheiro se debía a un plátano que levaba algo máis de 13 años no interior da bolsa de Ana Pontón. Porén, segundo apuntaron fontes próximas á candidata do BNG, “se lle quitabas o negro, aínda se podía comer”.

Beiras terá que ir golpear o escaño de Feijóo o primeiro martes de cada mes

Un dos primeiros acordos aos que chegaron as tres forzas da oposición logo das elección do pasado domingo que lle volveron a dar a maioría ao Partido Popular encabezado por Núñez Feijóo, foi que o primeiro martes de cada mes, o ex portavoz parlamentario deAlternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, irromperá no Parlamento para golpear a escaño do futuro presidente do executivo unha vez que se constituian as cortes.

Pola súa parte, o líder nacionalista afirmou coñecer a nova pola prensa e que ninguen se puxo en contacto con el para comunicarlos tal acordo, “se non me volvín a presentar as elección foi por algo, espero que alguén contacte conmigo axiña para confirmarme ou desmentirme a noticia, se ten que ser irei, non pasa nada, pero parteme a mañá…” afirmou Xosé Manuel Beiras ao ser preguntado á saida dun acto na Universidade de Santiago de Compostela.