Greenpeace recoñece o labor do Luar para a conservación de El Puma

Un ano máis entre os máis comprometidos co patrimonio natural.

Nunha rolda de prensa celebrada este pasado xoves os principais responsables de Greenpeace, agradecéronlle de maneira especial ao veterano programa Luar a súa dedicación e empeño pola conservación dunha especie en serio perigo de extinción como é El Puma.

“De non existir Luar, seguramente teriamos que estar falando da súa completa desaparición”. Así de rotundo de manifestou Juán Domènec, director executivo de Greenpeace España, ao defender o labor do programa da Televisión de Galicia. “E que son un exemplo, e en pleno Prime Time eh”, engadiu o responsable da organización.

Non é a primeira vez que o progama presentado por XoséRamón Gayoso recibe este recoñecemeto. No ano 2006, Luar apareceu tamén na lista dos máis comprometidos grazas á campaña para salvar á Pantera de Figueras, hoxe en día unha especie case recuperada.

Dende o programa agradeceron o recoñecemento a través da súa conta de Twitter, “non o facemos por levar alagos, seguiremos apostando por deixarlles un mundo mellor aos nosos fillos”.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s