As tazas con frases motivadoras xa duplican á poboación mundial

Nunha nota informativa feita pública esta mesma mañá polas Nación Unidas, a organización internacional alertaba da preocupante situación que está vivindo o planeta logo do “Boom” de tazas con frases motivadoras que non deixan de ir en aumento, e que segundo se recolle na nota difundida aos medios, xa multiplican por dous ao número total da poboación mundial.

“Estamos seriamente preocupados polo incremento de motivación que se percibe na poboación, anda a peña moi a mil”. Dende a ONU fan un chamamento ao países para que se pare de maneira inmediata a fabricación deste tipo de productos. Coa nota de prensa adxúntase unha lista na que ademais das tazas se poden leer outra serie de obxectos seriamente preocupantes para a pasividade así como a recomendación de prohibir dunha vez por todas compartir nas redes sociais frases de Nelson Mandela ou de Paulo Coelho.

Nunha entrevista concedida a unha televisión italiana Jan Eliasson, vicesecretario xeral da ONU destacaba que: “E que coño, levántase un e xa anda agobiado con ter que comerse o mundo. Eu antes tiña unha taza que me tocara cos iogures de Clesa e vivia tranquilisimo pero agora…e que me vou ter que cagar en Diola”.

Dende o goberno español, Soraya Sáenz de Santamaría anunciou unha reunión de urxencia do Consello de Ministros para abordar a situación “coa máxima celeridade pero segundo o establecido na Costitución ao respecto”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s