Breogán Riobóo sepárase de Breogán Riobóo

Anunciouno esta mesma mañá o propio Breogán Riobóo nunha rolda de prensa celebrada no Hotel Compostela.

O exmembro do BNG e de ANOVA  , recentemente destituido do seu cargo de secretario xeral de Podemos Galicia, deixará de estar vinculdo a Breogán Riobóo dende a próxima semana cando lle solicitará a baixa a Breogán Riobóo por diferenzas consigo mesmo.

“A esta alturas, a perda de confianza mutua e as insalvables diferenzas en temas fundamentais obríganme a tomar esta decisión. Vivimos unha situación de inactividade permanente na que o consenso entre eu e Breogán non é posible a día de hoxe, polo que entendo que separar os nosos camiños é o mellor para non afrontar nunha posición de debilidade o próximo envite electoral”.

Serio e visiblemente canso, Breogán Riobóo acusou de “arrogante e personalista” a Breogán Riobóo mais tamén asegurou que o súa separación non implica renunciar a ningún posible pacto no furuto en temas nos que poidan coincidir.

Pola súa parte Breogán Riobóo non fixo ningún tipo de valoración nin nas redes sociais nin ante as cámaras e esperase que compareza nos vindeiros días.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s