Rajoy:”E que eu pensei que ENCE era o dos cupóns”

Na entrevista concedida ao programa Salvados emitida este pasado domingo o presidente do goberno en funcións recoñeceu que a concesión á pasteira ENCE foi froito dun erro persoal xa que pensaba que “era o dos cupóns dos cegos”.

“Ao primeiro sorprendeume tanto escándalo porque normalmente con estas cousas dos cegos e tal a peña anda sensible pero ao que preguntei…menuda movida, así ma liaron despois en Pontevedra”.

Deixouse ver o Rajoy máis campechano e familiar e recoñeceu que a pesares do erro “dunha letra” lle sorprendeu moito a reacción do concello de Pontevedra ao nomealo persoa non grata mais que de todas formas “dame bastante igual eh, para ir a Sangenjo vou pola volta así que…mentres non declaren non grato o arroz con bogabantes que como cando vou…” bromeou Mariano.

Ademais disto na entrevista Mariano Rajoy dixo que moitas das frases polas que é coñecido son feitas a propósito, “apostámonos unha cea no Consello de Ministros os venres a ver quen a lía máis grande á semana seguinte”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s