Julián Barrio anima a marcar a X no casilleiro do Osasuna-Valladolid

Hoxe deu comezo a campaña da RENTA 2015, unha das citas máis esperada pola Axencia Tributaria e polos miles de contribuintes que cada ano se enfrontan á declaración. Unhas datas nas que como ven sendo habitual nos últimos anos, a Igrexa Católica leva a cabo a campaña “X Tantos” coa que pretende animar aos contribuintes a “marcar a X no casillerio correspondente á Igrexa na declaración da Renta”.

Esta mesma mañá o Arcebispo de Santiago de Compostela, o zamorano monseñor Julián Barrio Barrio, aprobeitou un acto celebrado na capital galega con motivo da celebración do Ano Santo extraordinario, para anunciar algunhas novidades no exercio correspondente ao pasado ano. “Despois de debatilo decidimos cambiar a X a favor da Igrexa por unha X para o Osasuna-Valladolid, empatan sempre. A nós o de andar por ahí adiante axudando a todo o mundo tamén nos cansa e non temos tempo libre ningún, en vez deso que cada quen marque o casilleiro do empate, que empatan sempre eh! de verdade, e así xa gana uns cartiños”.

Con esta iniciativa a Igrexa espera repartir uns 17 millóns de euros e aforrar costes en desprazamento á vez que anima “a que a peña vexa  o partido…un Osasuna-Valladolid é intragable, eu creo que nin Maldini!” afirmou D. Julián Barrio ao remate do acto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s