A Santa Compaña tiña unha empresa pantasma en Panamá

A Santa Compaña, coñecida por vagar polas parroquias galegas visitando a aqueles que axiña morreran, foi detida na tarde de onte por crear unha empresa pantasma, Buuu SL, en Panamá, á que desviaba fondos de todas as súas compañías.

A crise mundial creada polos papeis de Panamá chegou a Galiza e cobrouse a súa primeira víctima, quen afirmou estar moi sorprendida por verse refrexada nos máis que famosos documentos, “levei un susto de morte” afirmou mentres era conducida pola polícia ao coche que a levaría ao xulgado número 6 de Pontevedra onde se lle tomará declaración para pasar a disposición xudicial na próxima semana.

Segundo puidemos saber por fontes policiais, a Santa Compaña crearía supostamente a empresa Buuu SL no ano 2007 para asustar a outras empresas pantasma, visitandoas polas noites nas súas sedes mentres berraba “criiiiiiiiisiiiiiiiiissssss”, algo que por aquel entón ninguén entendía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s