Deteñen ao sacristán de Coímbra

A Policia Nacional detivo en Chantada (Lugo) a unha persoa de nacionalidade portuguesa, quen tiña en vigor unha Orde Europea de Detención e Extradición (OEDE) emitida polas Autoridades Xudiciais dese país, por supostamente facer de mil diabluras, mollar o pan en aceite e deixar os santos a escuras.

As investigacións policiais comezaron cando, na Xefatura Superior de Policía de Galiza, se recibe un comunicado advertindo da posible presenza na comunidade dunha persoa dese país, sobre a que consta vixente unha requisitoria xudicial para a súa extradición, podendo atoparse residindo na localidade de Chantada, cunha identidade falsa.

Logo dun seguimento intensivo durante semanas, os axentes responsables da investigación chegaron á conclusión de que o cidadán portugués era efectivamente un dos máis buscados no seu país, o coñecido como o “sacristán de Coimbra”, e que se mudara á casa dunha tia del de Chantada ao verse cercado polas autoridades lusas.

O presunto delincuente foi detido mentres se dirixía á misa de tarde e negou as acusacións e asegurou que él bate fado e bate ben.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s