Rajoy e Maduro cítanse para pegarse o 20 de maio

O presidente en funcións de España, e o presidente de Venezuela, enfrentaranse o próximo 20 de maio segundo informou a Federación Galega nun comunicado nun lugar que aínda está por determinar.

A confirmación deste encontro chega logo da escalada de tensión que se ven producindo nas últimas semanas entre os dous mandatarios con reiterados insultos por parte de Nicolás Maduro ao xefe do executivo en funcións Mariano Rajoy, a quen achou de “racista, basura corrupta e basura colonialista” e que levaron ao Ministerio de Asuntos Exteriores español a chamar a consultas, o que supón a retirada temporal, do embaixador de España en Caracas, Antonio Pérez Hernández.

Porén, e ante a imposibilidade dunha solución pola vía diplomática, ámbolos dous presidente chegaron ao acordo de fixar unha data, o 20 de maio, un lugar para “ostiarse até que un dos dous pida papas” segundo aparece recollido no comunicado que engade que nas próximas semanas se darán unha serie de contactos entre os gabinetes de sendos presidentes para ir concretando a cita.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s