Incautadas un par de ostias listas para seren repartidas

A Garda Civil incautou este pasada domingo un par de ostias no rexistro dunha taberna no concello pontevedrés da Estrada na que segundo fontes policiais acostuman celebrarse tódolos fins de semana partidas de truco até altas horas da madrugada nas que os asistentes “comezan tranquilos e de bo rollo pero vanse quentando, e veña partidas…e veña GinKases…e claro” como afirmou un dos axentes. O portador das ostias xa foi posto en liberdade e declarou nada máis sair da comisaria que “e que non pode querer un envido con 24”.

“Algunha vez as disputas solucionanse cun golpe na mesa e unha ameaza do tipo “eu marcho, con vos non hai quen xogue”, ante isto o resto dos participantes na partido soen intentar rebaixar a tensión e animar ao que ameza con abandonalos a que quede, todos saben que non ia marchar eh, pero é un mecanismo de autocontro, pero outras veces non resulta e ahí e cando empeza o cruce de acusación e reproches que pode acabar da maneira máis tráxica” declarou a dona da taberna na que se levou a cabo o rexistro. “Vexo ben que veñan de vez en cando así de sorpresa” engadiu.

Para evitar que as partidas acaben a golpe a Garda Civil está levando a cabo dende fai varias semanas rexistros aleatorios en distintas tabernas e controis nas zonas de acceso as mesmas para evitar que se leven xa ostias preparadas da casa e disuadir coa súa presenza “aos que máis ganas de guerra teñan”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s