Tal día coma hoxe nacía en Ourense a Prima de Risco

Hoxe cúmprense 100 anos do nacemente en Ourense da Prima de Vicente Risco, coñecido intelectual galeguista membro da xeración Nós.

Rogelia, filla de súa tía María del Pilar Martínez , irmá do seu pai Vicente Martínez, é a prima máis coñecida internacionalmente dunha das figuras máis importantes da hitoria da literatura galega.

Se ben é certo que non tivo en vida un gran recoñecemento, a figura da Prima de Risco comezou a popularizarse dende o ano 2007 coa crise económica mundial na que vivimos sumidos da man de economistas e tertulianos que continuamente botaron man dela para ilustrar o mellor ou peor que estaba un país.

A día de hoxe aínda ninguén entende moi ben o que é a Prima de Risco porén o concello e a deputación de Ourense organizaron unha semana de homenaxe á súa persoa, con ducias de actos con varios puntos básicos cada un para afondar no coñecemento dunha das súas veciñas máis internacionais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s