El Combo Dominicano presentarase as eleccións galegas

A decisión, que colleu a todo o mundo por sorpresa, foi anunciada polo portavoz do famoso grupo, El Combo Dominicano, Osvaldo Buenaventura, ante a posibilidade de que Feijóo anuncie un adianto electoral nas vindeiras semanas.

“Na situación que estamos vivindo o que necesita este país é un pouco do swing del combo” declarou o portavoz da orquesta. Dixo que a decisión “foi aprobada por unanimidade nunha asemblea sabrosona de máis de dúas horas”, e polo tanto El Combo Dominicano participará nas eleccións á Xunta de Galicia, mais non confirmou se xa tomaron a decisión de concurrir cunha candidatura propia ou se están dispostos a facelo nunha candidatura de confluencia.

El Combo Dominicano prantexa un programa construido ao redor de dous puntos principais, a radicalización democrática mediante o dereito a que cada quen decida ou non dar serrucho, e a seguridade de que “a esa chica le gusta el polvorón, esa mami quiere su polvorón, a esa chica le gusta el polvorón, esa mami quiere su polvorón”, unha situación que se comprometen a remediar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s