Feijóo crea a Consellería de Inauguracións

A través dunha nota de prensa o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciou por sorpresa unha nova reforma do Goberno galego. As dez consellerías que existían até o de agora súmaselle unha nova, a Consellería de Inauguracións.

Feijóo toma a decisión cando queda pouco tempo para as eleccións galegas, o comunicado oficial feito público esta mañá sinala que o motivo da reforma da Xunta é que “a cantidade de inauguracións dos próximos meses será tal que decidimos crear unha Consellería a maiores. Pensamos que era mellor ter a alguén que se ocupe unicamente disto, e non ter que andar pendiente de quen pode ou de quen non pode ir ese día a non sei onde”.

A Ministra de Fomento, a galega Ana Pastor, aplauidiu a noticia e dixo que “a ver, nos temos un grupo de Whasapp para o tema inauguracións, para quedar e tal, pero ao final sempre nos toca organizar todo aos de sempre, é mellor facelo que mandalo, a ver se así coordinamos un pouco o tema”.

Espérase que nos vindeiros días se coñeza o nome da persoa que ocupará a nova carteira e cuxo primeiro acto público será previsiblemente a próxima semana cando se inaugure un metro máis da Autovía Lugo-Santiago.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s