Conductor de Vitrasa substituirá a Alonso nas vindeiras carreiras

Jose Luís Castro substituirá a Fernando Alonso como piloto de McLaren-Honda nas próximas carreiras debido aos malos resultados que ven colleitando o asturiano.

José Luís, no que xa pensara este e outros equipos durante a pretemporada para que ocupase o posto de piloto reserva nesta tempada 2016 que arrancou fai pouco máis dun mes, mais daquela o piloto rexeitou o ofrecemento por cuestións persoais.

“Estou moi feliz, estou nun momento moi doce da miña carreira e este recoñecemento faime moita ilusión. Dende que entrei en Vitrasa no 2003 esperaba que esto acontecese algún día, e traballei moi duro para conseguilo, fai un mes tiven que dicir non á Formula 1 e non esperaba que a vida me dese esta segunda oportunidade, estou moi contento e con moitas gañas de competir”dixo José Luís nunha entrevista publicada na web do equipo inglés.

O piloto de Moaña estrearase pilotando un monoplaza na vindeira carreira da temporada, o Gran Premio de Rusia, que se disputará no circuito de Sochi entre os días 29 de abril e 1 de maio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s