“Don importante xa non pode quedar cos de sempre”

Entrevista a Marcial Dorado

Nunha entrevista concedida a un famoso programa dunha das principais cadenas privadas da televisión española, o empresario galego Marcial Dorado, valorou a súa amizade co presidente da Xunta, Alberto Núez Feijóo, e afirmou que “Don importante está moi ocupado, xa non pode quedar cos de sempre”.

A súa amizade fíxose famosa por unhas fotos publicadas fai uns anos nas que se vía aos dous, xunto on outros amigos, disfrutando dunha nevada nos Picos de Europa, pero nos últimos anos o distanciamento entre eles é un feito segundo Dorado, “xa nunca pode baixar, que se hoxe non sei que, que se mañá non sei canto, agora ten outros amigos máis importantes, cambiou moito”, declarou.

“Apuntábase a todas, era o primeiro en preguntar que se facía e se non había nada organizabao él e así dun día para o outro empezou con excusas…a virar a cara se che vía pola rúa…non entendía nada, persoalmente paseino mal a verdade agora xa…igual si que segues esperando unha chamada o día do cumpreanos ou tal pero pouco a pouco vaste acostumando….”. Incapaz de continuar e entre bagoas Marcial Dorado dou por acabada a entrevista.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s