Feijóo: “Galicia é a comunidade que máis galegos ten”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, erixiu a Galicia na “comunidade que máis galegos ten” de España, dato que segundo o presidente do executivo galego ven a demostrar a eficiencia das políticas do goberno do PP, “a pesares das crise económica que sufrimos Galicia seguiu sendo a comunidade de España con máis galegos residindo nela, e previsiblemente este dato seguirase repetindo nos vindeiros trimestres”.

Ao remate do Consello da Xunta, Feijóo quixo poñer en valor que Galicia pechase o primeiro cuatrimestre do ano sendo a comunidade número un en galegos, “ningunha outra comunidade do Estado ten a día de hoxe máis galegos que Galicia, ningunha, e hai que dicilo”.

Ao fio desta afirmación, o presidente reafirmouse en que “foron moitos os esforzos que tivemos que facer mais valeu a pena, nin Madrid, nin Barcelona, é Galicia a Comunidade Autónoma con máis galegos censados”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s