Malfeitores fanse pasar polo Combo Dominicano para estafar as comisións de festas

A Garda Civil está buscando a un grupo de estafadores que nas últimas semanas veñen mantendo contactos con distintas comisións de festas do país, presuntamente facéndose pasar por El Combo Dominicano, e ofrecéndolle os seus servizos.

Foi o presidente da comisión de festas de Chantado o que deu a voz de alarma e puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil a recibir a chamada dos malfeitores que lle ofrecian actuar na festa do patrón por un prezo “algo inferior ao que nos teñen acostumados as orquestas de máis tirón” e pedian cobrar por adiantado.

Inmediatamente a Garda Civil iniciou unha investigación descubrindo que máis comisións de festas recibiron a chamada dos cacos, “algúns tiñan pensado pagar a vindeira semana” declarou un axente. A Garda Civil pide precaución e xa habilitou un número de contacto para que se algúnha nova comisión ou calquera persoa ten coñecemento da actividade ou paradeiro dos estafadores o poña en coñecemento da Benemérita.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s