Aparece na Casa do Home da Coruña un neno que se perdera nunha excursión do colexio no 1998

David Fernández Carballal foi atopado onte pola tarde na Domus, Casa do Home da Coruña, logo de 18 anos sen saber do seu paradeiro. David perdérase no 1998 nunha excursión organizada polo seu colexio e nunca máis se volvera saber del. Segundo algunhas fontes parece ser que o rapaz quedara paralizado vendo o vídeo dun parto e perdera a estela do grupo.

Foi un dos guías o que atopou a David, e inmediatamente chamou ao 112. Ao lugar achegouse Protección Civil da Coruña e unha ambulancia que trasladou a David ao Hospital Universitario da Coruña para que fose sometido a unha revisió, aínda que aparentemente, segundo apuntaron algunhas testemuñas, estaba en bo estado de saúde, simplemente “víase cansado e desorientado”.

O portavoz da familia dixo non ter palabras para describir o momento de felicidade que estaban vivindo, “son moitos anos…pensábamos que nunca o volveríamos a ver”, e pediu respecto e intimidade para David e para a súa familia “até que a situación se normalice un pouco”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s