Rescatan a un home dun Gin Tonic en copa de balón

Salvamento Marítimo rescatou onte pola tarde san e salvo a un home de 40 anos de idade que caera no seu Gin Tonic servido en copa de balón. Foron os seus amigos os que deron a voz de alarma, e inmediatamente se transladou ao lugar do accidente dende Celeiro o Pesca 2 que rescatou ao home que foi trasladado ao Hospital da Coruña.

O frío dos xeos puido haberlle causado a morte ao mozo, mais a rápida actuación dos seus rescatadores impediu que non sufrira máis danos que unha lixeira hipotermia e un enorme susto do que, segundo contou ante as cámaras nada máis recibir a alta hopitalaria, tardará bastante tempo en repoñerse.

Dende Salvamento Marítimo piden máxima precaución á hora de achegarse ao Gin Tonic servido en copa de balón e optar sempre que sexa posible polo vaso de tubo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s