Feijóo na procura do oso de Bertamiráns

O presidente da Xunta de Galicia, Albergó Nuñez Feijóo, non dubidou un momento á hora de poñer un chándal vello e unhas deportivas para sair á procura do xa famoso oso de Bertamiráns que tanto atormenta aos veciños desta localidade coruñesa.

Armado únicamente coa valentía que o caracteriza, o presidente do ejecutivo galego, recentemente elixido presidente do PP de Galicia cun espectacular 97,8% dos votos, dixo que atraparía o oso coas súas propias mans para así causarlle o menor dano posible ao animal.

Hai que recordar que o oso, de grandes dimensións, foi visto rondando Bertamiráns en varias ocasións. A preocupación dos veciños é notable ante esta situación, “temos medo a sair á rúa e os cativos xa fai días que non van á escola por medo á atoparse con tan fero animal”.

Moitos dos veciños achegáronse á residencia de Núñez Feijóo en Monte Pío para despedirse del e desexarlle sorte, e aínda que moitos insistiron en acompañalo Feijóo decidiu ir só buscar o oso e non arriscar máis vida que a súa.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s