Tamagotchi acusado de pertenza a Resistencia Galega

A Garda Civil detivo onte mesmo en Santiago de Compostela a un tamagotchi por suposta vinculación coa banda terrorista Resistencia Galega. O Ministerio de Interior xustificou o arresto aducindo que o tamagotchi estivo presente en varios actos de enaltecemento do terrorismo e que experimentara nos últimos anos “unha significativa radicalización da súa mensaxe contextualizando e e ensalzando a a actividade terrorista de Resistencia Galega (RG) e do Exercito Guerrilheiro do Povo Galego Ceive e, en xeral, xustificando a utilización da loita armada para a estratexia independentista”.

Segundo poidemos saber, o tamagotchi supostamente tería imposto o galego en varias casas nas que estivo negándose a comer se non se falaba e acostumaba aparecer preto das potas, “deixáralo onde o deixaras, dabas media volta e xa andaba remexendo nas potas” segundo nos contou un antigo dono do tamagotchi que non quixo facer pública a súa identidade por medo a represalias e que di estar recibindo tratamento psicolóxico logo de convivir co suposto terrorista.

Espérase que o tamagotchi pase a disposición xudicial nas indeiras horas e poderíase enfrontar a unha pena de até 12 anos de prisión por pertenza a banda armada, que podería ser maior de demostrar a súa relación cn varios actos vandálicos nos que a Garda Civil cree que participou, como deixar as cagadiñas sempre diante dun Abanca.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s