Martiño Noriega non ten a TVG no 3

Segundo unha información publicada en El Correo Gallego, o alcalde das mareas de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, podería non ter gardada a TVG na canle 3 da súa televisión.

As reaccións nos se fixeron esperar. O líder da oposición, o popular Agustín Hernández, sinalou durante un acto que o partido organizou en Ourense, que de confirmarse, sería unha proba máis de que o goberno de Compostela Aberta, e nomeadamente o alcalde da capital galega, “non amosa respecto ningún polas tradicións deste país”. Engadiu ademais o exconselleiro, que “Martiño Noriega e os radicais mareantes gobernan para todos, deben representar o sentir da maioría, atacan unha vez máis as tradicións milenarias da sociedade compostelá e galega”.

Pola súa parte o alcalde nacionalista non quixo facer ningún tipo de declaración ao respecto ao ser preguntado polos periodistas logo da rolda de prensa posterior ao pleno municipal celebrado onte mesmo.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s