O goberno retira a “El Consorcio” da lista de Boy Bands

O goberno español  en funcións decidiu retirar da lista de Boy Bands ao famoso grupo musical “El Consorcio” segundo o anunciou na tarde de onte a vicepresidenta en funcións Soraya Sáez de Santamaría. 

A vicepresidenta atribuiu a un “despiste” a presenza até fai uns días do grupo bilbaino na lista, e anunciou que se procederá de maneira inmediata á súa retirada, así como a poñer os “medios necesarios para que un erro destas dimensións non se volva a repetir”, afirmou Sáez de Santamaría.

Dende este medio tratamos de poñernos en contacto con algún dos integrantes de “El Consorcio” máis, a pesares de conseguilo, declinaron a nosa invitación a darnos a súa opinión sobre o acontecido.

Carlos Callón organizaba batidas de castelánfalantes

O ex-presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e candidato a concurrir as pasadas eleccións xerais do 2o de decembro como cabeza de lista da coalicción Nós-Candidatura Galega, foi denunciado pola asociación dirixida por Gloria Lago, Galicia Bilingüe,por supostamente organizar batidas de castelánfalantes entre os anos 2012 e 2014, anos nos que aínda era presidente na plataforma pola defensa do galego.

Segundo recolle o comunicado difundido por Galicia Bilingüe, “Carlos Callón e compañía de outros talibancillos, estudaban previamente as zonas de máis concentración de castelánfalantes, nomeadamente a zona de Ferrol-Coruña, para unha vez que tiñan o plan ben artellado, sair na procura de xente que se estaba expresando libremente na lingua que consideraba máis oportuna e na que ten todo o dereito a educar aos seus fillos aínda que esa non sexa a que queren impoñer os radicais independentistas, para abatilos sen contemplación”.

Pola súa parte Carlos Callón dixo enterarse pola prensa da denuncia e negou taxantemente os feitos cos que o vinculan.

Gloria Lago recrimínalle aos galegos que non lle dean nin as grazas

“Un gracias por lo menos, que los estoy civilizando”

No acto de clausura do circulo de conferencias “Conoce la buena nueva”organizado por Galicia Bilingüe, asociación que preside a famosa escritora, celebrado este pasado fin de semana na Coruña, a lideresa recoñeceu estar moi desilusionada con “los gallegos”. “A ver, yo ya sé como son, pero un gracias lo sabe decir cualquiera. Un gracias por los menos, que los los estoy civilizando”.

“Hasta que llegué yo aquí nadie se preocupaba por lo del gallego. Me parto el lomo por difundir la buena nueva del castellano todo el puto año, incluso fuera del Ferrol eh,  y nada, ni un gesto de agradecimiento. Es que cuanto más lo pienso más me caliento”.

Cun ton cada vez máis elevado e visiblemente emocionada, a coñecida no mundo das letras como “la Tonadillera del Noroeste”, engadiu que “joder, no estoy pidiendo estatuas ni subvenciones, que oye, que si vienen…pero algo coño, alguna mierda de esas de la aldea o un simple gracias bien pronunciado”.

Logo de parar o acto uns minutos para repoñerse, a lideresa continuou manifestando a súa vontade por “seguir civilizando a los labriegos, ya se darán cuenta”, e aproveitou para anunciar a campaña que levarán a cabo nos próximos meses “Apadrina a un pailán”.