Michel e Fran deixan fóra a Casillas

Os seleccionadores galegos, Michel Salgado e Fran González, deron a coñecer o once que se enfrontará nuns minutos á selección de Venezuela no estadio de Riazor. Por parte de Galiza empezarán no campo: Sergio Álvarez; Jonny, Hugo Mallo, Álex Bergantiños, Angeliño; Pedro Mosquera, Fran Rico, Denís Suárez; Jota, Iago Aspas e Lucas. O once venezolano estará formado por: Fariñez; Víctor García, Wilker Ángel, Chanciller, Villanueva; Jeffren Suárez, Carlos Suárez, Arles Flores, Rómulo Otero; Christian Santos e Josef Martínez.

Máis unha vez salta a polémica entorno ao porteiro do Oporto, ex do Rela Madrid, Iker Casillas, está vez ao non contar con él os seleccionadores da irmandiña para o partido de hoxe.

 

 

Advertisements

Piensos Biona patrocinará ao Real Madrid

Biona chegou a un acordo co Real Madrid para patrocinar a camiseta do equipo branco a vindeira tempada. A noticia fíxose oficial hoxe mesmo nunha conferencia de prensa en Melide á que asistiron o presidente da compañía, e o presidente do clube merengue.

O Real Madrid recibirá 15 millóns de euros, e ademais o contrato inclue unha clausula segundo a cal, dende o 2017 os fertilizantes a abonos para o Santiago Bernabeu serán facilitados por Biona.

Este convirtese no primeiro gran contrato da compañía, mais segundo afirmou o seu presidente na conferencia na que se anunciou o vínculo publicitario ao Real Madrid, teñen pensado continuar por esta senda, buscando a maior difusión internacional, e xa pensan na posibilidade de facer un equipo de Fórmula 1.

Karim Benzema: “Andan a recaudar”

Nunha entrevista concedida ao xornal deportivo Marca, o dianterio francés do Real Madrid denunciou que “os de tráfico non andan máis que a recaudar, andan a joderlle os cartos á xente…”.

Ultimamente as novas relacionadas con Karim Benzema teñen máis que ver cos seus problemas coa xustiza que coa súa vida profesional, ao suposto chantaxe ao un compañeiro de selección coa difusión dun vídeo sexual, súmanselle as repetidas falcatruadas ao volante, “Vale, que si, que eu tampouco son ningún santo pero que xa se poñen a ver onde che poden pillar”.

“Así que hai un cambio de rasante pum, xa poñen o radar, e eso se non se poñen co chupete…tomas un par de cervezas e alé xa estás jodido”, afirmou o dianteiro galo.

Pola súa parte dende a DXT non quixeron valorar as palabras de Benzema, mais aprobeitaron para recordar que o seu traballo e velar pola seguiridade nas estradas e pediron prudencia e precaución ao volante para evitar accidentes.

 

Conductor de Vitrasa substituirá a Alonso nas vindeiras carreiras

Jose Luís Castro substituirá a Fernando Alonso como piloto de McLaren-Honda nas próximas carreiras debido aos malos resultados que ven colleitando o asturiano.

José Luís, no que xa pensara este e outros equipos durante a pretemporada para que ocupase o posto de piloto reserva nesta tempada 2016 que arrancou fai pouco máis dun mes, mais daquela o piloto rexeitou o ofrecemento por cuestións persoais.

“Estou moi feliz, estou nun momento moi doce da miña carreira e este recoñecemento faime moita ilusión. Dende que entrei en Vitrasa no 2003 esperaba que esto acontecese algún día, e traballei moi duro para conseguilo, fai un mes tiven que dicir non á Formula 1 e non esperaba que a vida me dese esta segunda oportunidade, estou moi contento e con moitas gañas de competir”dixo José Luís nunha entrevista publicada na web do equipo inglés.

O piloto de Moaña estrearase pilotando un monoplaza na vindeira carreira da temporada, o Gran Premio de Rusia, que se disputará no circuito de Sochi entre os días 29 de abril e 1 de maio.

Rajoy e Maduro cítanse para pegarse o 20 de maio

O presidente en funcións de España, e o presidente de Venezuela, enfrentaranse o próximo 20 de maio segundo informou a Federación Galega nun comunicado nun lugar que aínda está por determinar.

A confirmación deste encontro chega logo da escalada de tensión que se ven producindo nas últimas semanas entre os dous mandatarios con reiterados insultos por parte de Nicolás Maduro ao xefe do executivo en funcións Mariano Rajoy, a quen achou de “racista, basura corrupta e basura colonialista” e que levaron ao Ministerio de Asuntos Exteriores español a chamar a consultas, o que supón a retirada temporal, do embaixador de España en Caracas, Antonio Pérez Hernández.

Porén, e ante a imposibilidade dunha solución pola vía diplomática, ámbolos dous presidente chegaron ao acordo de fixar unha data, o 20 de maio, un lugar para “ostiarse até que un dos dous pida papas” segundo aparece recollido no comunicado que engade que nas próximas semanas se darán unha serie de contactos entre os gabinetes de sendos presidentes para ir concretando a cita.