Feijóo ficha por Netflix

Segundo puido saber As Nonticias, a famosa operadora norteamericana está traballando nunha serie sobre sobre o narcotráfico galego e para documentarse fichou ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo.

Pouco trascendeu da noticia da que moitos medios se fixeron eco dende o momento no que dende As Nonticias demos a exclusiva, porén, dende fontes próximas ao presidente dos Peares, este asesorará ao equipo encargado da redacción do guión e non se espera que faga ningún cameo na serie que presuntamente se estreará a finais do vindeiro verán.

Logo do éxito mundial colleitado pola compañía coa serie “Narcos” baseada na vida do narcotraficante colombiano Pablo Emilio Escobar Gaviria, dende a operadora puxeron a súa mirada en Galicia co fin de seguir traballando con este tipo de contidos.

Neste sentido, un dos primeiros nomes que apareceu sobre a mesa para axudar aos guinistas de Netflix na elaboración da serie sería o do actual presidente do executivo galego.

Advertisements

Ana Pontón gardaba un plátano do 2003

A candidata do Bloque Nacionalista Galego á presidencia da Xunta de Galiza atopou está mañá na súa bolsa de viaxe un plátano que gardaba dende o 7 de abril do ano 2003, año no que fora a un acto a Burela e levará algo para comer no camiño segundo apuntou a propia Pontón ao ser preguntada polos medios.

O achádego produciuse pouco despois de que varios empregados do Parlamento se viran na obriga de chamar á Garda Civil para informar de que un forte cheiro se desprendía da bolsa da líder nacionalista. Unha vez alertados polo mal cheiro, axentes da benemérita desprazáronse nunha patrulla até o lugar no quede atopaba Pontón.

Unha vez alí os axentes comprobaron que o mal cheiro se debía a un plátano que levaba algo máis de 13 años no interior da bolsa de Ana Pontón. Porén, segundo apuntaron fontes próximas á candidata do BNG, “se lle quitabas o negro, aínda se podía comer”.

Beiras terá que ir golpear o escaño de Feijóo o primeiro martes de cada mes

Un dos primeiros acordos aos que chegaron as tres forzas da oposición logo das elección do pasado domingo que lle volveron a dar a maioría ao Partido Popular encabezado por Núñez Feijóo, foi que o primeiro martes de cada mes, o ex portavoz parlamentario deAlternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, irromperá no Parlamento para golpear a escaño do futuro presidente do executivo unha vez que se constituian as cortes.

Pola súa parte, o líder nacionalista afirmou coñecer a nova pola prensa e que ninguen se puxo en contacto con el para comunicarlos tal acordo, “se non me volvín a presentar as elección foi por algo, espero que alguén contacte conmigo axiña para confirmarme ou desmentirme a noticia, se ten que ser irei, non pasa nada, pero parteme a mañá…” afirmou Xosé Manuel Beiras ao ser preguntado á saida dun acto na Universidade de Santiago de Compostela.

Mariñeiros rianxeiros pescaban sardiña con Samsungs explosivos

A Garda Civil logrou deter na madrugada de onte a un grupo de oito mariñeiros do Concello coruñés de Rianxo que enpregaban Samsungs Galaxy Note 7 explosivos para a pesca de baixura.

Fontes da Comandancia da Garda Civil da Coruña confirmaron que os detidos son todos veciños de Rianxo con idades que van dende os 25 até os 62 anos, entre os cales se atopa o suposto líder do grupo. Este, supostamente, trasladábase a Portugal para mercar os móbiles explosivos e subministráballos ao resto de mariñeiros que o empregaban de forma ilegal na pesca do cerco, fundamentalmente, na captura da sardiña, segundo afirmou o responsable da investigación.

No momento da detención,os axentes interviron vinte kilos de cargadores e un centro de Samsungs Galaxy Note 7 totalmente listo para autodetonarse que supostamente tiñan como destino ser empregado nesa pesca do cerco. Os detidos xa pasaron a disposición xudicial, e espérase que o xuiz lles impoña unha fianza que pode superar os 30.000€ por cabeza

Squirtle diseñará o plan antiincendios da Xunta

O executivo galego fixouse como obxectivo para este ano 2016 reducir até un 10% o número de incendios forestais da comunidade, e é por iso polo que dende a Xunta de Galiza, e nomeadamente dende a Consellería de Medio Ambiente lle encargaron a Squirtle o diseño do operativo contra incendios forestais da campaña de alto risco en Galiza.

O plan contra incendios contará co mesmo número de persoas que os anos pasados mais incrementarase o orzamento destinado a mellorar en comunicacións e ferramentas dixitais para a prevención e extinción dos lumes. “O problema non é o número de efectivos, é a prevención e sobre todo a coodirnación, e por iso que decidimos apostar por estes aspectos e pola contratación dun experto para axudarnos a acadar o obxectivo que nos fixamos” apuntou a conselleira Beatriz Mato.

 

 

Chantada prantéxase sair da UE

Segunto puido saber este medio, nas últimas horas foron moitas as voces que no concello lucense de Chantada se alzaron para reclamar que tamén no seu municipio se realice un referendo para decidir se queren ou non permanecer na Unión Europea.

A histórica decisión que tomaron o xoves nas urnas os británicos comeza a ter consecuencias , e á sucesión de importantes acontecementos desatados nas horas seguintes a coñecerse a axustada victoria do “Brexit”, súmase a esixencia do dereito a decidir de boa parte dos veciños de Chantada, respaldada polo seu alcalde Manuel Varela, que non quixo facer declaracións e dixo estar “evaluando a situación”.

Máis un duro revés para a Unión que ven a profundizar máis se cabe a dificil tesitura na que se atopan as bolsas dos distintos paises da zona euro dende que se coñeceu o resultado do referendo británico.

 

 

Feijóo véndelle Galiza a Cuba

O presidente da Xunta, Alberte Núñen Feijóo, aproveitou a visita de tres días que fixo a Cuba para reunirse co presidente cubano, Raul Castro, que se saldou coa venta de Galiza ao país latinoamericano “a un bo prezo”, segundo apuntou o xefe do executivo galego.

Na rolda de prensa posterior ao encontro de hora e media entre ámbolos dous mandatarios, Feijóo catalogou a viaxe como “a máis importante que realizamos”, non só polo acordo de transferencia senón tamén porque “non choveu ningún día dos que estivemos aquí”.

Ademais Feijóo destacou a cordialidade da reunión e dixo sentirse moi satisfeito co acordo grazas ao cal o dos peares ingresará ao redor duns 20 millóns de euros e asegúrase a maioría absoluta nas vindeiras eleccións á Xunta e en todas as que veñan.