Pérez Jácome ofrécese a Trump como interlocutor en Ourense

O líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, ofreceuse esta noite ao presidente dos Estados Unidos de América, Donald Trump, como interlocutor en Ourense, mensaxe que lle fixo chegar a través da rede social “Twitter”.

Segundo unha nota de prensa que o propio Jácome lle fixo chegar aos medios, o seu grupo pretende mater unha boa relación coa Administración Trump, “compartimos co señor Trump a maneira de entender a política, nin de esquerdas nin de dereitas, sentido común!”.

“Entendemos que ao mellor non nos contesten á mensaxe xa que agora están moi ocupados, pero sentimonos parte do glorioso proxecto de Trump para facer deste mundo un mundo mellor, Ourense Estado 51!” sentencia o comunicado.

Obama sacará o carné de manipulador de productos fitosanitarios en León

O mandatario estadounidense chegou na noite do sábado a Madrid para comezar esta mesma mañá a axenda da súa primeira visita oficial a España cunha recepción no Palacio Real seguida dun encontro co Rei Felipe VI.

Logo de entrevistarse co Rei, Barack Obama dirixiráse a León para sacarse o carné para poder adquirir productos fitosanitarios.

Segundo afirmou o presidente dos Estados Unidos no seu país a oferta de cursos é moi reducida, “díxomo un primo meu que casou en Betanzos, que en León nun día xa se sacaba o carné e por eso vin. Tal e como está a cousa eu non podo poñerme agora cun curso de quince días…”afirmou Obama.

 

Chantada prantéxase sair da UE

Segunto puido saber este medio, nas últimas horas foron moitas as voces que no concello lucense de Chantada se alzaron para reclamar que tamén no seu municipio se realice un referendo para decidir se queren ou non permanecer na Unión Europea.

A histórica decisión que tomaron o xoves nas urnas os británicos comeza a ter consecuencias , e á sucesión de importantes acontecementos desatados nas horas seguintes a coñecerse a axustada victoria do “Brexit”, súmase a esixencia do dereito a decidir de boa parte dos veciños de Chantada, respaldada polo seu alcalde Manuel Varela, que non quixo facer declaracións e dixo estar “evaluando a situación”.

Máis un duro revés para a Unión que ven a profundizar máis se cabe a dificil tesitura na que se atopan as bolsas dos distintos paises da zona euro dende que se coñeceu o resultado do referendo británico.

 

 

Malfeitores roubaban gando para vendelo no resto do Estado

Axentes da Garda Civil desartellaron en Chantada unha organización criminal adicada ao roubo de vacas, para a súa posterior distribución e venta polos mercados do resto do Estado, coa detención na tarde de onte de oitos persoas entre as que se atoparía o lider do grupo e autor intelectual da trama.

As detención producíronse no marco da operación “Eh Palooooma”, e as idades dos detidos oscilan entre os 24 e 41 anos, e tres deles xa tiñan antecedentes penais por motivos semellante segundo puidemos saber por fontes policiais.

Tras as detenciós e diversos rexistros domiciliarios intevíronse case 500.000 mil euros, varias varas de vimbo empregadas supostamente para conducir as reses e varios vehículos nos que estas eran transportadas a diversos puntos da xeografía española.

Veciños de Chantada afirmaron que todo isto se puido haber evitado de existir unha maior presenza policial na zona.

A Interpol busca un marco

A Organización Internacional de Policía Criminal (Interpol) emitiu e difindiu na tarde de onte un comunicado no que anunciaba unha operación para a localización dun marco do que non se sabe nada dende mediados da década dos noventa.

As últimas noticias que tiñan os axentes sobre o desaparecido era que estaba “ao pé dun eucalipto, máis ou menos á altura dunha torre de alta tensión que estaba nunha fica de máis abaixo” segundo informou o responsable da organización en España.

“O problema é que morreu o vello que era o que sabía ben chegar a el, e agora claro, están os camiños feitos un crito e a finca chea de toxos…” engadiu o axente. Estamos ante unha operación moi complicada na que participan máis de mil axentes de policía, tanto galegos como portugueses e efectivos de protección civil.

No comunicado ademais pediuse colaboración cidadá para dar canto antes co desaparecido para que calquera que sepa del ou que no seu día o movera informe as autoridades sen preocuparse por ningún tipo de represalia.

Soria: “Conciliar vida familiar e laboral é imposible”

O xa ex-Minsistro de Industria en funcións, Jose Manuel Soria, destacou na súa primeira comparecencia ante os medios, logo de dimitir por verse implicado no internacionalmente coñecido caso dos papeis de Panamá, que conciliar vida familiar e laboral xa non é posible.

“E que coño, un monta un negocio coa súa familia para poder pasar máis tempo con eles e xa andan encima tua a ver que fas e que non fas. Bueno vale, estaba nun paraiso fiscal, pero era polos rapaces, ia alí á escola, tiñan alí os amigos…”.

Ademais o ex-alcalde das Palmas de Gran Canaria destacou que agora poderá pasar aínda moito máis tempo con eles e espera que “outros emprendedores non corran a mesma sorte ca el, e que lle deixen un pouquiño de liberdade a quen quere vivir tranquilamente sin luxos, con traballo duro e apoiandose nos seus”.

Cañita Brava gardaba seis mil pesetas de whisky en Panamá

Segundo poidemos saber esta mesma mañá o nome do famoso actor galego aparece entre os “Panama Papers”, feitos públicos este pasado domingo polo Consorcio Internacional de Periodistas de Investigacións (ICIJ), con sede en Washington, relacionado con un capital dun total de 6000 pesatas de Whisky.

O seu é un dos moitos nomes entre os que aparecen líderes mundias, actores, futbolístas, funcionarios, etc. nun total de 11 millóns de documentos que demostran a vinculación destes coa compañía Monssack Fonseca que supostamente os axudaría a crear compañias fachada e contas no estranxeiro.

Cañita Brava afirmou que esta información que hoxe recollen moitos medios é completamente falsa, “me parece mal, muy mal, por no decir borchenoso” e adiantou que emprenderá accións legais contra eses medios.