Teo vai a Teo

Teo, referente da literatura infantil, pasou a ponte da Constitución na localidade coruñesa de Teo segundo fontes próximas ao famoso protagonista de obras como “Teo vai en tren”, “Teo vai en barco” ou “Teo vai en avión”.

Segundo estas mesmas fontes, Teo chegou a Galiza o venres pola noite acompañado da súa familia para pasar uns días de descanso na nosa comunidade antes de volver para Barcelona onde está traballando no que será o vindeiro libro da colección que protagoniza e que se publicará o vindeiro ano.

 

As galiñas en semiliberdade terán que usar chaleco reflectante

A DGT informou nunha rolda de prensa que dende o día 1 de próximo mes de xuño será obligatorio que todas as galiñas que se crien en semiliberdade deberan levar chaleco reflectante para evitar que salten á estrada e poidan causar algún sinistro.

A medida colleu por sorpresa ao colectivo de criadores de galiñas de curral que denunciaron que a medida lles suporá un enorme gasto e pidenlle á Xunta que sufrague o custo ocasionado pola medida.

As multas por non levar chaleco poden superar os 10.000 euros en caso de ser reincidente, “non é unha medida recaudatoria, estamos velando pola seguridade nas nosas estradas”, sinalou o portavoz da DGT.

Xa foron varios os colectivos ecoloxistas que censuraron a medida xa que afirmaron que as “granxas serán coma palcos da Panorama” o que pode causar un enorme estrés nos animais”, e piden que non se leve a cabo.