Un lucense leva 37 anos movendo a muralla

Un home de Lugo de 61 anos que responde as iniciais F.R.N., foi denunciado onte pola tarde por un veciño da Rúa Castelao, no centro da cidade, que afirma que “leva polo menos 37 anos movendo a muralla”.

“Dende polo menos o 1990 leva movendo a muralla, pouco a pouco vai facendo a súa finca máis grande, xa gañou para unha piscina e un galpón para un tractoriño pequeno” afirmou José Ramón Castro que decidiu emprender accións legais contra o seu veciño ante a negativa deste a deixar a muralla no seu sitio. “Lévollo dicindo moito tempo, pero nada, cada ano é peor, xa levará uns 5 metros que me comeu para este lado”, sentención José Ramón.

Aínda que intentamos falar co denunciado, este non quixo facer ningún tipo de valoración sobre o acontecido e limitouse a negar as acusacións.

Advertisements

Mariñeiros rianxeiros pescaban sardiña con Samsungs explosivos

A Garda Civil logrou deter na madrugada de onte a un grupo de oito mariñeiros do Concello coruñés de Rianxo que enpregaban Samsungs Galaxy Note 7 explosivos para a pesca de baixura.

Fontes da Comandancia da Garda Civil da Coruña confirmaron que os detidos son todos veciños de Rianxo con idades que van dende os 25 até os 62 anos, entre os cales se atopa o suposto líder do grupo. Este, supostamente, trasladábase a Portugal para mercar os móbiles explosivos e subministráballos ao resto de mariñeiros que o empregaban de forma ilegal na pesca do cerco, fundamentalmente, na captura da sardiña, segundo afirmou o responsable da investigación.

No momento da detención,os axentes interviron vinte kilos de cargadores e un centro de Samsungs Galaxy Note 7 totalmente listo para autodetonarse que supostamente tiñan como destino ser empregado nesa pesca do cerco. Os detidos xa pasaron a disposición xudicial, e espérase que o xuiz lles impoña unha fianza que pode superar os 30.000€ por cabeza

Ferreras leva 763 horas ininterrumpidas en antena

Antonio García Ferreras, presentador do programa de La Sexta, “Al Rojo Vivo”, ven de batir o récord de presentador de televisión que máis horas botou en antena, de maneira ininterrumpida, ao superar xa as 760 horas.

Ferreras comezou a dirixir e presentar o programa de debate político “Al Rojo Vivo” en xaneiro de 2011, programa que se emitía en La Sexta 2 no horario das tradicionais tertulias televisivas de rime time. Dende o inicio de setembro de 2011 da tempada televisiva 2011/2012, pasou a emitirse en La Sexta, dende as 12:20 horas até as 14:15 horas, momento no que comezan os informativos de “La Sexta Noticias”.

Dende entón os acontecimentos que se foron sucedendo no panoráma polítio español, fixeron que o programa ampliase o seu horario de emisión para poder así darlle cobertura informativa e poder ofrecerlle aos espectadores un riguroso análise dos ditos acontecementos efectuado por distintos expertos como por exemplo Francisco Marhuenda ou Eduardo Inda. Ante a situación de ingobernabilidade que sofre o Estado español e os cotinuos procesos electorales que se repiten, o programa presentado por Ferreras pasou a emitirse de maneira ininterrumpida o que levou ao presentador a batir o récord de máis horas seguidas en antena. 

Espérase que esta marca sexa mellorada polo propio Ferreras coa crise de PSOE e os xuizos aos imputados polas “tarjetas black” de Bankia e o caso Gurtel.

Greenpeace pide que se deixe de mandar xente a cagar á marea

Greenpeace emitiu un comunidado no día de onte no que pedia que “non se mande máis á xente a cagar á marea” ante o elevado nivel de contaminación registrado nas augas planetarias por este feito.

O comunicado inclúe un detallado informe realizado polo prestixioso grupo de expertos en Contaminación e Cambio Climático (CCC) da Universidade de Arizona, que cuantifica por primeira vez o vertido de excrementos humanos aos mares e océanos de todo o planeta debido á práctica destaca tradición tan arraigada.

O estudo indica que “como mínimo cada Ana chegan aos mares e océanos de todo o planeta 10 millóns de toneladas de truños coma puños”, unha cifra que podería mesmo dobrarse nos vindeiros anos de confirmarense as previsións máis pesimistas, co impacto que iso suporía para os ecosistemas mariños, segundo afirma o informe.

Dende a ONG ambientalista fan unha chamada á responsabilidade colectiva e invitan a que mellor ” se mande á xente a cagar antre o millo ou de campo” onde os residuos son moito menos agresivos co medio.

Unha señora chega ao médico e pregunta quen é o último.

Os feitos aconteceron onte pola tarde no concello pontevedrés de Lalín cando unha señora, de 68 de idade e de nacionalidade protuguesa, preguntou ao entrar a sala de espera da consulta do ambulatorio: “Quen é o último?”.

Os feitos sorprenderon enormemente aos presentes xa que “dende a instalación das máquinas dispensadoras de turnos e unha pantalla electrónica onde van aparecendo os números e a consulta á que lle toca a cada quen xa case facía moito que ninguén preguntaba quen chegara de último”, afirmou unha das testemuñas dos feitos aínda emocionada.

Os médicos do ambulatorio descartaron que a señora sufrira algún tipo de brote psicótico ou golpe de calor producido polas altas temperaturas rexistradas na localidade e todo apunta a que a lalinense realizou os feitos de maneira totalmente consciente.

Ramón o de Carmiña é Hipster

Ramón Figueira Castro, máis coñecido como Ramón o de Carmiña, veciño do concello lucense de Chantada,”é hispter”, segundo apuntaron fontes próximas á familia e veciños de Ramón, que segundo sinalaron, “xa fai tempo que cando aparece por aquí trae unhas pintas raras e di palabras en inglés”.

“Eu xa fai que sospeito, sobre todo dende que marchou estudiar a Pontevedra, estuda publicidade, eu dixenlle que estudiara medicina mellor coma seu primo Juan Manuel o fillo de miña irmá Concha, pero bueno a el gustáballe eso e se está contento…a verdade é que sempre ven con boas notas, cando ven”, apuntou Carmiña, a nai de Ramón o de Carmiña, e engadiu que “o outro día preguntoume se seu pai aínda usaba a chaqueta vella, unha chaqueta de lana que mercara dunha vez no mercado na Arzúa e díxome que non tirase coa bicicleta vella que a quería levar a arreglar…disque é hipster”.

Ramón non quixo facer ningún tipo de declaración ante os medio mais insistiu en que agora se chama MrMon87.

Traga un chicle e non pasa nada

Os feitos tiveron lugar na tarde de onte, pouco antes das seis da tarde cando Ao parecer, Fermín, de 9 anos de idade, inxiriu sen querer un chicle mentras xogaba cuns amigos nuns terreos pretos á casa familiar na que reside cos seus pais no lugar de Cabanas, situada na parroquia de Trasmaño, no concello pontevedrés de Redondela.

De inmediato acehgáronse ao lugar dos feitos varios veciños e os propios pais da víctima ante os berros de auxilio dos seus compañeiros. Ao lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que trasladou ao menor ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo onde se lle practicará un estudo detallado mais espérase que reciba a alta nas vindeiras horas.

Nun comunicado emitido esta mesma mañá pola Asociacións de Nenas e Nenos Galegos, estes denuncian a falta de infromación sobre os perigos de tragar chicle e din sospeitar de que “todo se trate dunha burda manipulación”. “Nunca a ninguén se lle pegou un chicle nas tripas” sinalaba o comunicado, no que ademais instan as autoridades a iniciar unha investigación sobre o tema.