Mariñeiros rianxeiros pescaban sardiña con Samsungs explosivos

A Garda Civil logrou deter na madrugada de onte a un grupo de oito mariñeiros do Concello coruñés de Rianxo que enpregaban Samsungs Galaxy Note 7 explosivos para a pesca de baixura.

Fontes da Comandancia da Garda Civil da Coruña confirmaron que os detidos son todos veciños de Rianxo con idades que van dende os 25 até os 62 anos, entre os cales se atopa o suposto líder do grupo. Este, supostamente, trasladábase a Portugal para mercar os móbiles explosivos e subministráballos ao resto de mariñeiros que o empregaban de forma ilegal na pesca do cerco, fundamentalmente, na captura da sardiña, segundo afirmou o responsable da investigación.

No momento da detención,os axentes interviron vinte kilos de cargadores e un centro de Samsungs Galaxy Note 7 totalmente listo para autodetonarse que supostamente tiñan como destino ser empregado nesa pesca do cerco. Os detidos xa pasaron a disposición xudicial, e espérase que o xuiz lles impoña unha fianza que pode superar os 30.000€ por cabeza

O goberno retira a “El Consorcio” da lista de Boy Bands

O goberno español  en funcións decidiu retirar da lista de Boy Bands ao famoso grupo musical “El Consorcio” segundo o anunciou na tarde de onte a vicepresidenta en funcións Soraya Sáez de Santamaría. 

A vicepresidenta atribuiu a un “despiste” a presenza até fai uns días do grupo bilbaino na lista, e anunciou que se procederá de maneira inmediata á súa retirada, así como a poñer os “medios necesarios para que un erro destas dimensións non se volva a repetir”, afirmou Sáez de Santamaría.

Dende este medio tratamos de poñernos en contacto con algún dos integrantes de “El Consorcio” máis, a pesares de conseguilo, declinaron a nosa invitación a darnos a súa opinión sobre o acontecido.

Ferreras leva 763 horas ininterrumpidas en antena

Antonio García Ferreras, presentador do programa de La Sexta, “Al Rojo Vivo”, ven de batir o récord de presentador de televisión que máis horas botou en antena, de maneira ininterrumpida, ao superar xa as 760 horas.

Ferreras comezou a dirixir e presentar o programa de debate político “Al Rojo Vivo” en xaneiro de 2011, programa que se emitía en La Sexta 2 no horario das tradicionais tertulias televisivas de rime time. Dende o inicio de setembro de 2011 da tempada televisiva 2011/2012, pasou a emitirse en La Sexta, dende as 12:20 horas até as 14:15 horas, momento no que comezan os informativos de “La Sexta Noticias”.

Dende entón os acontecimentos que se foron sucedendo no panoráma polítio español, fixeron que o programa ampliase o seu horario de emisión para poder así darlle cobertura informativa e poder ofrecerlle aos espectadores un riguroso análise dos ditos acontecementos efectuado por distintos expertos como por exemplo Francisco Marhuenda ou Eduardo Inda. Ante a situación de ingobernabilidade que sofre o Estado español e os cotinuos procesos electorales que se repiten, o programa presentado por Ferreras pasou a emitirse de maneira ininterrumpida o que levou ao presentador a batir o récord de máis horas seguidas en antena. 

Espérase que esta marca sexa mellorada polo propio Ferreras coa crise de PSOE e os xuizos aos imputados polas “tarjetas black” de Bankia e o caso Gurtel.

Greenpeace pide que se deixe de mandar xente a cagar á marea

Greenpeace emitiu un comunidado no día de onte no que pedia que “non se mande máis á xente a cagar á marea” ante o elevado nivel de contaminación registrado nas augas planetarias por este feito.

O comunicado inclúe un detallado informe realizado polo prestixioso grupo de expertos en Contaminación e Cambio Climático (CCC) da Universidade de Arizona, que cuantifica por primeira vez o vertido de excrementos humanos aos mares e océanos de todo o planeta debido á práctica destaca tradición tan arraigada.

O estudo indica que “como mínimo cada Ana chegan aos mares e océanos de todo o planeta 10 millóns de toneladas de truños coma puños”, unha cifra que podería mesmo dobrarse nos vindeiros anos de confirmarense as previsións máis pesimistas, co impacto que iso suporía para os ecosistemas mariños, segundo afirma o informe.

Dende a ONG ambientalista fan unha chamada á responsabilidade colectiva e invitan a que mellor ” se mande á xente a cagar antre o millo ou de campo” onde os residuos son moito menos agresivos co medio.

Unha señora chega ao médico e pregunta quen é o último.

Os feitos aconteceron onte pola tarde no concello pontevedrés de Lalín cando unha señora, de 68 de idade e de nacionalidade protuguesa, preguntou ao entrar a sala de espera da consulta do ambulatorio: “Quen é o último?”.

Os feitos sorprenderon enormemente aos presentes xa que “dende a instalación das máquinas dispensadoras de turnos e unha pantalla electrónica onde van aparecendo os números e a consulta á que lle toca a cada quen xa case facía moito que ninguén preguntaba quen chegara de último”, afirmou unha das testemuñas dos feitos aínda emocionada.

Os médicos do ambulatorio descartaron que a señora sufrira algún tipo de brote psicótico ou golpe de calor producido polas altas temperaturas rexistradas na localidade e todo apunta a que a lalinense realizou os feitos de maneira totalmente consciente.

Squirtle diseñará o plan antiincendios da Xunta

O executivo galego fixouse como obxectivo para este ano 2016 reducir até un 10% o número de incendios forestais da comunidade, e é por iso polo que dende a Xunta de Galiza, e nomeadamente dende a Consellería de Medio Ambiente lle encargaron a Squirtle o diseño do operativo contra incendios forestais da campaña de alto risco en Galiza.

O plan contra incendios contará co mesmo número de persoas que os anos pasados mais incrementarase o orzamento destinado a mellorar en comunicacións e ferramentas dixitais para a prevención e extinción dos lumes. “O problema non é o número de efectivos, é a prevención e sobre todo a coodirnación, e por iso que decidimos apostar por estes aspectos e pola contratación dun experto para axudarnos a acadar o obxectivo que nos fixamos” apuntou a conselleira Beatriz Mato.

 

 

Científicos da USC descobren un pobo sen Feira Medieval

Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) descubriu esta pasada semana un pobo no que non hai ningunha Feira Medieval ao longo do ano.

O achádego sorprendeu a toda a comunidade científica internacional e á sociedade en xeral. Aínda que os membros do equipo de investigación que veñen traballando neste estudo dende fai meses non quixeron facer público o nome do lugar á espera de dar por finalizado o proxecto, “todo apunta a que hai un pobo en Galiza no que non hai ningunha Feira Medieval nin de temática histórica ao longo do ano” segundo declarou o directos do equipo aos medios.

As reaccións ao posible achádego non se fixeron espera e dende a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) afirmaron que de confirmarse porán todo o necesario para que esta situación se solucione canto antes.